Os Ballotes I - Aldea
Capacidade: 6-11 persoas | Núm. apertura: TD-CO-000034
É unha casa de pescadores do século XVIII rehabilitada. O seu nome fai referencia ó alcume co que se coñecen todas as xeracións da familia desde tempos inmemoriais e tamén a unha antiga comida "os bolos do pote", que se toman co cocido galego.
Está decorada con mobles antigos restaurados e goza de espazos abertos e intercomunicados que, xunto coa pedra e a madeira, lle confiren un especial encanto. Está situada nunha zona rural tranquila, no núcleo rural de Rianxiño a 5 min. camiñando da montaña, a 10 min. andando do centro urbano de Rianxo, do Paseo marítimo e da praia anexa e a 300 metros de Casa dos ballotes II.
Distribución
Dispón de 5 habitacións dobres, unha delas -que ocupa a antiga cociña da casa- conserva a lareira, 4 teñen camas de matrimonio e 1 dúas camas; 3 baños; cociña completamente equipada; comedor; un salón de lectura; un salón con cheminea; gran comedor rústico (60 m²) con lareira, forno de pedra-barbacoa e zona de xogos. A casa conta cun gran xardín cercado (1500 m²), con espectaculares vistas á Ría de Arousa e á Serra do Barbanza, hórreo, lavadoiro, árbores froiteiras e ornamentais, viña e unha antiga inscrición nas rochas (petróglifo). Está rodeado de hortensias e poderá gozar dos aromas da lavanda, da herba luísa, da malva, do romeu e contemplar os espectaculares solpores tras o Barbanza.
Servizos
- 1 cama auxiliar
- Berce e trona
- Wi-Fi
- Aparcadoiro
- Toallas, sabas, nórdicos, mantas, roupa de cociña
- Vitrocerámica, forno, microondas, neveira, lavalouza, lavadora, torradora, cafeteira, batedora, espremedor..
- Ferro de pasar, menaxe, secadores, produtos de baño (xel, xabón, champú..)
- Cheminea, tv, dvd, música, lecturas..
- Billar, futbolín, dardos, xogos de mesa, xogos de nenos..
- Barbacoa interior, calefacción
- Mobiliario de xardín (hamacas, mesa, cadeiras)
- Admítense mascotas (consultar co propietario)
- Información turística da zona en varios idiomas





































