Casas de vacaciones Os Ballotes. Maisons de vacances · Holiday houses

Os Ballotes II - Bosque

O Bosque, 8. 15290 Rianxo
Capacidade: 6-10 persoas | Núm. apertura: TD-CO-000059

É unha tradicional casa de pedra cun gran porche de madeira que mira á ría de Arousa e á Serra do Barbanza. Está decorada con mobles antigos restaurados e goza de amplos espazos abertos e unha gran luminosidade.

A casa conta cun gran xardín pechado (2000 m²) rodeado de sebes de romeu e de hortensias, lavanda, malva..., con árbores froiteiras e ornamentais e zona de aparcadoiro, desde o que poderá gozar dos espectaculares solpores sobre a ría. Está situada nunha zona rural tranquila, no núcleo rural do Bosque, a 5 min. camiñando da montaña, do centro urbano de Rianxo, do paseo marítimo e da praia anexa e a 300 metros de Casa dos ballotes I.

Distribución

A casa dispón de 4 habitacións dobres con baño, 3 con camas de matrimonio e 1 con dúas camas; 4 baños; cociña completamente equipada; amplo salón con cheminea e gran comedor con saída ao porche desde o que se divisan unhas impresionantes vistas á ría. Conta cun gran salón de xogos (200 m²).

Servizos

  • 2 camas auxiliares
  • Berce e trona
  • Wi-Fi
  • Aparcadoiro
  • Toallas, sabas, nórdicos, mantas, roupa de cociña
  • Vitrocerámica, forno, microondas, neveira, lavalouza, lavadora, torradora, cafeteira, batedora, espremedor..
  • Ferro de pasar, menaxe, secadores, produtos de baño (xel, xabón, champú..)
  • Cheminea, tv, dvd, música, lecturas, xogos de mesa, xogos de nenos
  • Salón de xogos (billar, futbolín, ping pong, dardos, zona infantil e de descanso, bicicleta elíptica..)
  • Barbacoa cuberta, calefacción
  • Mobiliario de xardín (hamacas, cadeiras) e de porche (sofás, mesas, cadeiras..)
  • Admítense mascotas (consultar co propietario)
  • Información turística da zona en varios idiomas