Casas de vacaciones Os Ballotes. Maisons de vacances · Holiday houses

Como chegar


Para poder ver algúns contenidos desta web é necesario ter instalado o Flash Player.
Pode descargalo gratuitamente  aquí.



Indicacións para chegar

Desde Santiago dirixímonos a Rianxo pola autoestrada AP-9, saímos en Padrón e tomamos a autovía AG-11 dirección a Ribeira. Desde Vigo imos pola AP-9 ata Catoira e saímos dirección a Rianxo ata chegar a Isorna, ao outro lado do río Ulla. Alí tomamos a autovía AG-11 dirección a Ribeira. Saímos en Rianxo e dirixímonos cara o centro urbano; xusto antes de chegar ao centro temos o mar pegado á estrada á man dereita e á esquerda unha rotonda cunha figura vexetal (un pavo real con flores).

Nesa rotonda facemos un cambio de sentido e, máis ou menos a 25 metros, tomamos a 1ª rúa á dereita (estreita e encaixada entre muros altos). Subímola e ao chegar ao alto xiramos á dereita e xa estamos bordeando o xardín da CASA DOS BALLOTES II, que ten sebes de romeu. Se volvemos a xirar á dereita chegaremos á entrada principal coa zona de aparcadoiro.


Para chegar á Casa dos Ballotes I continuamos pola mesma rúa ata o núcleo rural (300 m. aprox.). Nese punto a rúa estréitase entre dúas casas de pedra; a casa da esquerda con flores nas ventás é CASA DOS BALLOTES I; bordeámola e chegamos á entrada principal e á zona de aparcadoiro.


  • OS BALLOTES I - ALDEA  (Rianxiño, 137)
  • Fuso    29
  • Lat  42º 39' 19.47'' N          Lonx  8º 48' 35.84'' W
  • UTM-X    515576.84          UTM-Y    4722567.03
  • OS BALLOTES II - BOSQUE  (O Bosque, 8)
  • Fuso    29
  • Lat  42º 39' 29.84'' N          Lonx    8º 48' 43.14'' W
  • UTM-X    515409.49            UTM-Y    4722886.56

Rianxo

Rianxo é unha pequena vila de mariñeiros situada na comarca do Barbanza á beira da Ria de Arousa, nas Rias Baixas. É o último concello da provincia da Coruña pola costa, xa no linde coa provincia de Pontevedra. No centro atopará restaurantes, mercado, supermercados, talleres, centro de saúde, farmacias, bancos, zona de compras,.. e atópase ben comunicada por autovía e autoestrada:


  • A Coruña: 105 km
  • Barcelona: 1179 km
  • Ferrol: 134 km
  • Lugo: 150 km
  • Madrid: 637 km
  • Ourense: 124 km
  • Pontevedra: 47 km
  • Santiago: 41 km
  • Vigo: 73 km
  • Estación de Catoira: 13 km
  • Estación de Padrón: 20 km
  • Aeroporto de Santiago: 53 km
  • Aeroporto de Vigo: 75 km
  • Aeroporto de Coruña: 97 km
  • Aeroporto de Porto: 214 km