www.casadosballotes.com

Os Ballotes I - Aldea

Casa dos Ballotes - Rianxiño 80 (Rianxo - A Coruña)


Casa rural, situada na parte alta da aldea, a carón do monte e das leiras de cultivo. O nome dos ballotes fai referencia ós tamén chamados "Bolos do pote" que se comen co cocido. A súa historia remóntase a principios do século XVIII e a última reforma realizárona os descendentes da familia no 1996. Nela os propietarios levaron a cabo unha coidada rehabilitación que respectou no posible a vivenda inicial, utilizando para iso materiais nobres tradicionais.
A edificación consta de cinco habitacións dobres -unha delas con antigua lareira e forno de pedra-, tres baños, cociña, comedor, un salón de lectura, un salón con cheminea e un anexo con lareira, forno tradicional e barbacoa. No seu interior predominan os espacios abertos e intercomunicados e goza dunha gran luminosidade. Decorada con mobles antigos restaurados, a cor das paredes, a pedra, a madeira, forman un todo que sintoniza harmónico creando un ambiente cálido e acolledor.

Comodidades
  • · Vitrocerámica, forno, microondas, lavadora, pequenos electrodomésticos, menaxe
  • · Gran comedor rústico con forno de pedra-lareira-barbacoa
  • · Calefacción, tv, música, xogos de mesa
  • · (1) Cama supletoria e berce
  • · Cheminea, barbacoa e mobiliario de xardín
  • · Parking
  • · Admítense animais (consultar co propietario)
Prezos
Ata 6 pax Ata 8 pax Ata 10 pax
Tempada baixa: 150 € / día 165 € / día 180 € / día
Tempada alta: 175 € / día 190 € / día 205 € / dia
Cama supletoria:  15