As casas casas están situadas en Rianxo, Arousa Norte, nas Rías Baixas galegas. Encóntranse nun entorno rural moi tranquilo, próximo ao centro, ao paseo marítimo e praias anexas e á montaña. Alúganse completas e están completamente equipadas para que gocen dunha agradable estancia. O seu nome fai referencia ó mote co que se coñece a todas as xeracións da familia desde tempos inmemoriais e tamén a unha antiga comida “os bolos do pote”, que se toman co cocido galego.
É unha casa de pescadores do século XVIII rehabilitada.
Está situada no núcleo rural de Rianxiño, a escasa distancia do centro e do paseo marítimo. Conta cun gran xardín desde o que se contemplan magníficas postas de sol sobre a ría.
É unha tradicional casa de pedra cun gran porche de madeira que mira á Ría de Arousa e á Serra do Barbanza.
Encóntrase no núcleo rural do Bosque, a escasa distancia do centro, do paseo e das praias. Cun amplo porche e xardín desde o que se divisan espectaculares vistas á Ría de Arousa.
Social