As casas atópanse en Rianxo, que é unha pequena vila de mariñeiros situada na comarca do Barbanza á beira da Ría de Arousa, nas Rías Baixas. É o último concello da provincia da Coruña pola costa, xa no linde coa provincia de Pontevedra. No centro atopará restaurantes, mercado, supermercados, talleres, centro de saúde, farmacias, bancos, zona de compras,.. e atópase ben comunicada por autovía e autoestrada co resto de Galicia.
- A Coruña: 105 km
- Barcelona: 1179 km
- Ferrol: 134 km
- Lugo: 150 km
- Madrid: 637 km
- Ourense: 124 km
- Pontevedra: 47 km
- Santiago: 41 km Vigo: 73 km
- Catoira Estación FFCC: 13 km
- Padrón Estación FFCC: 20 km
- Santiago aeroporto: 53 km
- Vigo aeroporto: 75 km
- Coruña aeroporto: 97 km
- Porto aeroporto: 214 km
Indicacións para chegar:
Dende Santiago:
Dirixímonos a Rianxo pola autoestrada AP-9, saímos en Padrón e tomamos a autovía AG-11 dirección a Ribeira.
Dende Vigo:
Imos pola AP-9 ata Catoira e saímos dirección a Rianxo ata chegar a Isorna, ao outro lado do río Ulla. Alí tomamos a autovía AG-11 dirección a Ribeira.
Saímos na saída de Rianxo e dirixímonos cara o centro urbano; xusto antes de chegar ao centro temos o mar pegado á estrada á man dereita e á esquerda unha rotonda cunha pedra grande.
Nesa rotonda facemos un cambio de sentido e, máis ou menos a 25 metros, tomamos a 1ª rúa á dereita (estreita e encaixada entre muros altos). Subímola e ao chegar ao alto xiramos á dereita e xa estamos bordeando o xardín de Ballotes II. Se volvemos a xirar á dereita chegaremos á entrada principal coa zona de aparcadoiro.
Para chegar á Casa dos Ballotes I continuamos pola mesma rúa ata o núcleo rural (300 m. aprox.). Nese punto a rúa estréitase entre dúas casas de pedra; a casa da esquerda con flores nas ventás é Ballotes I; bordeámola e chegamos á entrada principal e á zona de aparcadoiro.