Galería
Capacidade:
- 6 – 11 persoas.
Descrición
É unha casa de pescadores do século XVIII rehabilitada.
Está decorada con mobles antigos restaurados e goza de espazos abertos e intercomunicados que, xunto coa pedra e a madeira, lle confiren un especial encanto. Está situada nunha zona rural tranquila, no núcleo rural de Rianxiño a 5 min. camiñando da montaña, a 10 min. andando do centro urbano de Rianxo, do Paseo marítimo e da praia anexa e a 300 metros de Casa dos ballotes II.
Distribución:
Dispón de 5 habitacións dobres, unha delas -que ocupa a antiga cociña da casa- conserva a lareira. Hai 3 con camas de matrimonio na primeira planta e as outras 2 no ático, 1 con cama de matrimonio e 1 de dúas camas; 4 baños (un na planta ático, un na primeira planta, un na planta baixa e outro na sala de xogos); cociña completamente equipada; comedor; un salón de lectura; un salón con cheminea; gran comedor rústico (60 m²) con lareira, forno de pedra-barbacoa e zona de xogos. A casa conta cun gran xardín cercado (1500 m²), con espectaculares vistas á Ría de Arousa e á Serra do Barbanza, hórreo, lavadoiro, árbores froiteiras e ornamentais, viña e un petróglifo (gravado nas rochas de máis de 4000 anos). Está rodeado de hortensias e poderá gozar dos aromas da lavanda, da herba luísa, da malva, do romeu e contemplar os espectaculares solpores tras o Barbanza.
Servizos:
- 1 cama auxiliar.
- Berce e trona.
- Wi-Fi.
- Aparcadoiro.
- Toallas, sabas, nórdicos, mantas, roupa de cociña.
- Vitrocerámica, forno, microondas, neveira, lavalouza, lavadora, torradora, cafeteira, batedora, espremedor…
- Ferro de pasar, menaxe, secadores, produtos de baño (xel, xabón, champú..)
- Cheminea, tv, dvd, música, lecturas..
- Billar, futbolín, dardos, xogos de mesa, xogos de nenos..
- Barbacoa interior, calefacción
- Mobiliario de xardín (hamacas, mesa, cadeiras)
- Non se admiten mascotas
- Información turística da zona en varios idiomas
Google Map
Tarifas
* Ver condicións na sección de Tarifas.
Prazas | Ata 10 pax (5 hab.) | ||
---|---|---|---|
Temporada baixa | 220 € / día | ||
Temporada alta | 250 € / día | ||
Cama supletoria | 15 € / unidade |