Galería
Capacidade:
- 6 – 10 persoas.
Descrición:
É unha tradicional casa de pedra cun gran porche de madeira que mira á ría de Arousa e á Serra do Barbanza. Está decorada con mobles antigos restaurados e goza de amplos espazos abertos e unha gran luminosidade.
A casa conta cun gran xardín pechado (2000 m²) rodeado de sebes e de hortensias, lavanda, malva…, con árbores froiteiras e ornamentais e zona de aparcadoiro, desde o que poderá gozar dos espectaculares solpores sobre a ría.
Está situada nunha zona rural tranquila, no núcleo rural do Bosque, a 5 min. camiñando da montaña, do centro urbano de Rianxo, do paseo marítimo e da praia anexa e a 300 metros de Casa dos ballotes I.
Distribución:
A casa dispón de 5 habitacións dobres con baño, 4 con camas de matrimonio e 1 con dúas camas. Unha delas e o baño están semiadaptados para persoas con problemas de mobilidade. Ten 5 baños, cociña completamente equipada, amplo salón con cheminea e gran comedor con saída ao porche desde o que se divisan unhas impresionantes vistas á ría. Conta cun gran salón de xogos (200 m²).
Servizos:
- 1 cama auxiliar.
- Berce e trona.
- Wi-Fi.
- Aparcadoiro.
- Toallas, sabas, nórdicos, mantas, roupa de cociña.
- Vitrocerámica, forno, microondas, neveira, lavalouza, lavadora, torradora, cafeteira, batedora, espremedor…
- Ferro de pasar, menaxe, secadores, produtos de baño (xel, xabón, champú..).
- Cheminea, tv, dvd, música, lecturas, xogos de mesa, xogos de nenos.
- Salón de xogos (billar, futbolín, ping pong, dardos, zona infantil e de descanso, bicicleta elíptica..).
- Barbacoa cuberta, calefacción.
- Mobiliario de xardín (hamacas, mesa, cadeiras).
- Non se admiten mascotas.
- Existen zonas restrinxidas para fumadores.
- Información turística da zona en varios idiomas.
Google Map
Tarifas
* Ver condicións na sección de Tarifas.
Prazas | Ata 8 pax (4 hab.) | Ata 10 pax (5 hab.) | |
---|---|---|---|
Temporada baixa | 210 € / día | 250 € / día | |
Temporada alta | 230 € / día | 275 € / día | |
Cama supletoria | 20€ / unidade |