Rianxo é unha pequena vila que vive do mar e para o mar. O sabor mariñeiro impregna as súas rúas, desde a tradicional arte de pesca “o xeito” ata as casas mariñeiras “do remo”. Goza do suave clima atlántico das Rías Baixas galegas e ofrece praias de augas tranquilas, de carácter familiar, moi seguras para o baño.
Conta cun gran patrimonio histórico-artístico e paisaxístico que serviu de inspiración a tres grandes figuras da intelectualidade, da política e das letras galegas (Castelao, Dieste e Manuel Antonio) e que converten a Rúa de Abaixo, onde viviron, na máis emblemática.
Posúe unha excelente gastronomía baseada nos produtos da ría, entre os que destaca a xoubiña, famosa en toda Galicia polo seu exquisito sabor.
Celebra diferentes romarías e tradicionais procesións ao longo do ano pero a que congrega multitudes e trascende fronteiras á a Festa de Guadalupe, na que milleiros de persoas se reúnen para cantar a rianxeira, o segundo himno de Galicia.